Xiralúa. Artesanía e Deseño
Saca Revista Nós. Castelao

Saca Revista Nós. Castelao


Saca serigrafiada artesanalmente coa ilustración de Castelao para a portada número 12 da revista Nós.
Saca 100% algodón de 140 gr.
Serigrafía tradicional.
Tipo de asa: longa.
Medidas: 38x42 cm
Serigrafiado por Xiralúa.


Entre 1920 e 1936 un grupo de intelectuais galegos, bos e xenerosos, deron vida á revista Nós, publicada en galego e que trataba diversos temas, dende literarios, lingüísticos ou artísticos, até etnográficos, filosóficos ou de pensamento político. Entre estas personalidades estaban Vicente Risco (director), Daniel Castelao (director artístico), Otero Pedrayo ou López Cuevillas. Todos eles conscientes da riqueza cultural da Galiza e partidarios de partillala co mundo, amosando un nivel de compromiso coa terra indiscutíbel.
Daniel Castelao foi o encargado da parte gráfica da publicación elaborando portadas como a que se representan nesta saca, correspondente ao número 12. O grupo Nós, vencellado ao movemento das Irmandades da Fala, supón un factor de total importancia no que se deu en chamar o Segundo Rexurdimento. Esta é a nosa homenaxe ás persoas que loitaron coa forza do pensamento e a pluma para que hoxe sigamos sendo galegos por obra e gracia do idioma.

*Dispón de 14 días para devolucións correndo cos gastos de envío. Para calquera dúbida consulte a nosa política de devolución, termos e condicións.
14 EUR