Xiralúa. Artesanía e Deseño
Retrato xeométrico "estilo Xiralúa"

Retrato xeométrico "estilo Xiralúa"


Queres un retrato ao estilo das nosas figuras literarias?  Xeometrización formal e alegres combinacións cromáticas dan lugar a unha imaxe orixinal, ideal para un agasallo ou mesmo autoagasallo. Non inclúe marco.
Para medidas diferentes das ofrecidas, consúltanos previamente por e-mail.
Retrato dixital impreso en papel mate de 300 g

1-Escolle un tamaño.
2-Completa a compra.
3-Poñémonos en contacto contigo vía e-mail.
4-Envíanos unha fotografía en primeiro plano con boa resolución (>150 ppp).
5-Enviámosche o teu pedido. 

*O servizo inclúe dúas revisións.
*A elaboración dependerá da carga de traballo, podendo retrasarse máis do habitual (5 días).


23 EUR